San Xoán da Cruz

por parroquia

O ambiente de Nadal ímolo notando nos alumeados das rúas, nas ofertas dos comercios, nas felicitacións que repartimos. Pensemos no Levante onde a climatoloxía adversa non permitirá unhas navidades como as que celebraban outros anos. Ogallá que Nosa Sra. dos Desamparados, tan venerada na terra valenciana, vaia levantando os ánimos daqueles pobos. Que siga a nosa solidariedade ata recuperar a normalidade.

No día 14 deste mes temos na liturxia a celebración dun esclarecido santo español que é S. Xoán da Cruz. Nacido en Ávila en 1.542, finado en Jaén no 1.591. Rezar coas súas poesías sosega a alma. El foi o máximo expoñente da poesía mística no Renacemento. Con Sta. Tareixa de Xesús reformou a orde dos carmelitas.

O “Cántico Espiritual” é unha oración sublime, unha dos mellores poemas da lingua castelá. Moi citado e estudado en tesis doutorais pola musicalidade dos seus versos. O santo non era un gramático, senón un místico inspirado que dá lugar a tanta beleza.

Recollemos os versos máis coñecidos:

“Buscando mis amores / iré por esos montes y riberas / ni cogeré las flores / ni temeré las fieras / y pasaré los fuertes y fronteras.

¡Oh bosques y espesuras / plantados por la mano del Amado! / Oh prado de verduras / de flores esmaltado / decid si por vosotros ha pasado”

( Resposta das creaturas)

“Mil gracias derramando / pasó por estos sotos con presura / y, yéndolos mirando / con sola su figura / vestidos los dejó de su hermosura”.

Anotemos ese verso: “pasó por estos sotos con presura” Hai un emprego reiterativo da letra consonante S, para significar que o paso do Señor é suave, silencioso, silandeiro, sedoso…

Parece unha idea semellante á que temos no libro 1º dos Reis, cáp. XIX, verso 12: O Señor estaba nunha suave brisa que sentíu o profeta Elías.

Na oración silenciosa, recollida, ante o Santísimo Sacramento, reflexionamos sobre a nosa vida e a presencia súa no noso quefacer de acotío. “Dios anda entre los pucheros”, que dicía Sta. Tareixa de Xesús para que entendamos que na vida ordinaria está a nosa santificación.

 

También te puede Interesar