Santa Lucía

por

  “Quítalle á noite e ponlle ó día”.

Velaí una pregaria, un desexo. Os días veñen escuros, a luz do Sol é o mellor para a nosa vista. Pero os días seguen minguando ata o solsticio de inverno. Especialmente irán decrecendo as mañás.

Pedimos a interseción da santa en favor da nosa vista. É o sentido máis nobre dos cinco que temos, sometido a moitas servidumes da vida actúal: pantallas, luces destellantes, tráfico… Todo fai que sexamos moitos os que levamos lentes, xa non só pola idade, senón por atender as nosas obrigacións.

Conmove ver na rúa ós da ONCE ofrecéndonos o cupón diario. Máis nos estremece ver conveciños carentes de visión que non poderán ler estas liñas, pero teñen ilusión por vivir e dannos exemplo de vida cristiá. Ben preto de nós están. Agradecémoslle o seu valor, a súa fortaleza. Teñen na visión profunda da realidade total, mentres os demais andamos dispersos, quizais con responsabilidades polo mal uso da nosa vista.

Os ollos son a ventá da alma. Neles vemos a inocencia dos nenos, o amor maternal das nais, a experiencia da vida que atesouran os anciáns.

Tamén hai miradas violentas, despectivas, cheas de odio.

Miremos con bondade ao próximo, como miraba Xesús Noso Señor.

Deus ten unha mirada que chega e le o fondo da nosa alma.

Ver a Deus Pai-Nai, é a suma felicidade.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?