Santísimo Sacramento en Carballo

por

Caeu en sábado. Aínda lembramos a celebración de hai un ano, presidida polo cardeal Rouco Varela, arcebispo emérito de Madrid. Velaí unha querencia particular de monseñor, tanto por Carballo como por todo Bergantiños.Este ano presideu a celebración o Sr.Bispo Auxiliar D.Jesús Fernandez.

Salientemos a particular forma de portar a Sagrada Custodia. Varóns uniformados de branco e negro, testimoniando amor a Cristo Sacramentado, dan solemnidade e devoción a este traslado do Santísimo polas rúas carballesas. Alfombras vexetais, froito da policromía da campía bergantiñá, tendidas ante os altares que a devoción eucarística vén erixindo tradicionalmente.

O primeiro altar ponnos diante a condición desta nosa terra recoñecida como o graneiro de Galicia. CEREPOR representa esta riqueza cereal.

O escudo de Carballo, perfecto de deseño e execución, ennobrece o conxunto.

Máis adiante, CASA MARIÑO, pon o altar presidido por Cristo en imaxe sedente. A laboriosidade artesanal da nosa terra, a cera litúrxica de tantas igrexas aquí é elaborada e repartida.

Os VECIÑOS DA BRAÑA dispoñen o terceiro altar. Todos colaboran, ornamentan o altar con flores que despois repartirán entre eles. Este punto puido ser algún tempo o linde habitado na parroquia, hoxe unha vila ben conformada.

Procesiona a Custodia de recente doazón por parte da confraría da Virxe das Dolores. O percorrido é longo, a foguetería constante con intres moi intensos, os fieis acompañan desde a saída ata a chegada da procesión á igrexa. Presiden as autoridades locais.

Un bergantiñán que reside habitualmente en Suramérica dixo o ano pasado: “Houbo máis xente na procesión ca na verbena”.

Só quixeramos que todos respectemos o paso do Santísimo Sacramento por diante nosa.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?