Santoral Galego

por parroquiacarballo

As actas dos mártires, os martiroloxios que compoñían nas igrexas dos primeiros tempos, aportan información sobre a vida e morte dos cristiáns perseguidos.

Xa no s. XIII, o arcebispo de Bolonia, Iacobus de la Vorágine recolleu na súa obra Legenda Áurea a vida dos santos máis célebres naquel tempo. No século XVIII o xesuita francés Bolland iniciou un movimento para presentar as biografías dos santos alonxando as narracións que puideran ser lendarias. Outro xesuita, Croisset compuxo un famoso Ano Cristiano que foi traducido ó castelán polo padre Isla. Esta obra de Croisset, de varios tomos e moitas edicións, era un medio que tiñan os nosos párrocos para acudir a el cando tiñan que predicar sobre algún santo.

Despois veu o Año Cristiano de a B A C, e moitos máis que poñen ó día a haxiografía cristiá.

Polo que se refire a Galicia, temos un libro, pequeniño pero con moitos datos, obra de D. Cesáreo Gil Atrio. Estudia os casos de S. Xiao, S. Mamede, Sta Eufemia, Sta Mariña. Básase nos textos que se lían na catedral de Ourense e en célebres mosteiros. Conclúe que son santos orientáis con culto moi antigo en Galicia.

Outro libro do mesmo D. Cesáreo titulado Santos Gallegos, un amplio relato, estudia os santos de Galicia que foron canonizados; os santos que o pobo galego venera como tales; galegos finados en olor de santidade. Moi completa e fundamentada esta obra do Sr. Gil Atrio, irmán de D. Camilo. Por certo, D. Cesáreo escribíu a biografía de Quiroga Palacios que é a primeira sobre o noso cardeal. Estamos á espera de outra, definitiva.

NOTA.-No libro “Santos Gallegos” de Gil Atrio, non se recollen os beatificados, mártires do século XX en España, pois foi editado por 1.990.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?