Dúas celebracións emparelladas na liturxia e na devoción do pobo cristián. Os nosos camposantos van ser visitados e ornamentados como non están en todo o ano. Ben sabido é que hai familias para as que a presencia cabo dos seus deudos no cemiterio é algo frecuente, ordinario. Cando coidan que as flores que puxeron en días anteriores estarán muchas, xa estas familias repoñen novas flores.
Tamén hai unha revisión de campas, mármores, metales de cada nicho. Podemos ler dedicatorias que constan nas lápidas e veremos profesións de Fe, de amor, de esperanza na Resurrección. Sen estes fundamentais valores da nosa Fe, malamente poderiamos sobrelevar a dolor de tantas mortes, orfandades, soedades, accidentes que os humanos padecemos nesta vida mortal.
As flores son fermosura, encanto humilde, natural, para profesar a Fe na Vida Superior, Nova, que nos espera.
As velas, son luz que ilumina as tebras das escuridades desta precaria vida. Moitas veces nas ceremonias litúrxicas portamos velas, luz, do cirio pascual que anuncia perennemente na Igrexa a Resurrección de Xesucristo, a compartir coa nosa.
Nos camposantos adoita haber un ciprés. Parece unha árbore en constante oración. Unha color escura, e un cumio que apunta directamente ó Ceo, fan do ciprés o emblema da nosa oración.
Hai nos cemiterios unha fonte á que acudimos para soster máis tempo a frescura das nosas flores.
Queremos que os nosos nichos sexan bendecidos nestes días. Pero máis importante, definitivo, foi a inserción en Xesucristo polo bautismo que recibiron os nosos antepasados.
A auga é vida, revitaliza, imprescendible nos seres vivos. Anque reducidos a cinzas, revivirán por Xesucristo os ósos humillados, como canta a liturxia.
Finalmente, o cruceiro que remata todos os panteóns individualmente; pero, no centro do camposanto, o Cristo do cruceiro, ergue, extende os seus brazos para abrazar a cantos á súa beira descansan en paz. Amén