Sta. Bárbara

por parroquiacarballo

 

Aló polos anos de 1.940-50 celebraba en Santiago a arma de artillería, que alí tiña cuartel, un tríduo en honor da súa patroa: Sta. Bárbara.

Os tempos demudaron. Hoxe preguntámonos se pode haber algunha razón que xustifique que a artillería teña que entrar en guerra. O pacifismo medra cada día ó ver a desfeita que fan as guerras, pois son o cumio de males para a vida humana e para os bens que a humanidade foi creando. Sementan odio.

Polo tanto, que pedirán os artilleiros a Sta. Bárbara? Paréceme que a resposta viña ben dada no Himno que cantaban ó final dos actos do triduo.

Velaquí o seu texto:

“Entre tules de luz refulgente, circundada de nimbos de flores, mira Virgen tus huestes sonrientes que te ofrecen candente su amor.

Nuestro amor, Virgen Mártir, te ruega que si deben sonar los cañones suenen ellos con fe en la victoria, suenen ellos con gloria y honor.

Sobre todo concede propicia a tus fieles pureza de vida, con que puedan cantar melodías en la gloria del Señor.

Gloria, gloria, Patrona amosa, gloria a ti que nos das con amor laureles de gloria en las lides de Dios”

Vemos, pois, que o Himno evita o problema moral e político da licitude da guerra. Pois di: “Si deben sonar los cañones…” Sería unha guerra defensiva, xusta, para evitar a escravitude, e levada con proporcionalidade, despois de feitos todos os esforzos de diálogo para negociar un arreglo aceptable, preferible, antes ca loitar.

Sta. Bárbara é patroa temén dos mineiros, dos campaneiros, dos fogueteiros.

O nome de Bárbara deriva do grego “barbarikós”, que significa estranxeiro, sin máis. A connotación que o nome ten hoxe como algo violento vén dos tempos da idade antiga en Europa. Viñeron do norte uns estranxeiros violentos que tinxiron o nome de rapiña, destrución. Sobre todo eran así vándalos. Falamos de vandalismo cando maltratan o mobiliario urbán. E hai quen crea o verbo “vandalizar” que non sei se estará xa no Dicionario da R. A. Española.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?