Sta. Coresma. As Sete Palabras. O Desencravo

por parroquiacarballo

O Señor foi crucificado na hora sexta e finou na hora nona (Mat. XXVII, 45, Mac. XV, 25, Luc. XXIII, 44) seguindo o horario romano. Equivalen ás 12 do mediodía e tres da tarde, dos nosos reloxios.

Nesas tres horas na Cruz, o Señor falou en sete ocasións: “Perdónaos, porque non saben o que fan”, “Hoxe estarás conmigo no Paraíso”, “Velaí o teu fillo”, “velaí a túa nai”, “Teño sede”, “Dios meu, por qué me desamparaches” (Oración do salmo 21 da Biblia que Xesús recita pedindo axuda a Deus Pai) “Todo se ha cumplido”, “Nas túas mans, Pai, poño o meu espíritu”.

Hai o clásico sermón das Sete Palabras que ten lugar nalgunhas igrexas (por exemplo, na das Ánimas de Santiago). Celébrase de modo que remate ás tres da tarde, respectando así a hora da morte do Señor.

Morto o Señor, dinos S. Xoán (XX, 38) que Xosé de Arimatea e Nicodemos dispuxeron todo para baixar o cadáver da Cruz, entregalo á Nai e darlle sepultura.

Isto celébrase tamén nalgunhas igrexas. Dous homes devotos suben ó alto da Cruz e á imaxe de Cristo difunto van retirándolle a coroa de espiñas. (Os nosos malos pensamentos, intencións, desexos… son as espiñas cravadas na cabeza do Señor). Retiran o cravo da man dereita (A que fixo tantas boas obras en favor da humanidade). Agora o cravo da man esquerda (cousas que pasan, sacrificios que non entendemos, redención dos nosos pecados). Os cravos dos pés (os malos camiños que temos andado pola vida e dos que debemos retornar a Xesucristo).

Na imaxe do Crucificado (unha obra articulada) insístese na chaga do corazón, ferido polos nosos pecados, pero Xesús derrama o seu sangue, cólmanos da súa gracia, para que revivamos como fillos amados de Dios, irmáns de Xesús.

María Stma. ó pé da Cruz, vai recibindo todos os instrumentos da Pasión. Finalmente, poñen o cadáver do Señor no seu regazo. É a escena da Piedad, da Quinta Angustia. Os grandes escultores atrevéronse a compoñer esa situación. Sobre todos, Miguel Anxo. Temos reproducida con moita fidelidade a súa talla que se custodia na igrexa de S. Pedro do Vaticano, no Cementerio de Carballo. Tamén, agora, na parroquia.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?