Sta. Coresma. O Vía Crucis

por parroquiacarballo

Os días do Entroido son un descanso para afrontar a Coresma. Empeza así a preparación para a Pascua. Temos, pois, un tempo de acción, caridade e penitencia. Asociámonos a Cristo, o gran penitente polos nosos pecados. Por isto mesmo con El será a nosa resurrección.

O Vía Crucis (Camiño da Cruz) é unha devoción primordial na Coresma. Nas nosas igrexas, e tamén nalgúns montes (como no Pedroso de Santiago) están as cruces ou cadros coas escenas da Pasión do Señor. Son catorce intres que recollen o camiño subindo ó Calvario.

Hai dúas formas de seguir ese camiño. A tradicional presenta as tres caídas do Señor, así como o encontro con María Stma., e a Verónica. Estes momentos son atestiguados pola tradición que se conserva en Xerusalem e que S. Francisco de Asís recolleu para o Vía Crucis.

O papa S. Juan Pablo II inaugurou outro Vía Crucis con puntos recollidos da Biblia. As dúas formas do Vía Crucis están nas Guías da Vida Cristiana que teñen os catecismos de Carballo. No Vía Crucis que hai o Venres Santo en Roma, presidido polo papa, síguese este segundo modelo.

É importante entreverar cantos propios penitenciais. Poñemos un pequeño catálogo de cantos tradicionais que non podemos esquecer.

Así: “Perdona a tu pueblo, Señor” /”Pequé, pequé, Dios mío”/ “No, no, no más pecar mi Dios”/ “Perdón, oh Dios mío”/ “Amante Jesús mío, oh cuánto te ofendí…”

Insistimos sobre este canto. Ten unha estrofa larga, que é un interrogante ou reflexión que se fai o devoto. Como é tan significativo ese texto, poñémolo aquí:

¿Quién al mirarte exámine, pendiente de una Cruz, por nuestras culpas víctima, expirar buen Jesús, de compasión y lástima no siente el pecho herido, habiéndote ofendido con negra ingratitud?.

Moitas veces oímos cantar esta estrofa de forma que perde o seu sentido. Así, hai quen di: “por nuestras culpas víctima expira el buen Jesús… no siento el pecho herido …”

Corrixamos isto cando se dea o caso.

Seguimos con cantos penitenciais: “Sálvame Virgen María”, “Victoria, tú reinarás”, “Acuérdate de Jesucristo”.

Hai cantos recientes que son máis movidos. Por exemplo:

“Si llevas cuenta de los delitos, Señor”, “Alma mía, recobra tu calma”, “A ti levanto mis ojos”, “Sí, me levantaré, volveré junto a mi Padre”.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?