Un ano máis, un ano menos

por parroquiacarballo

O título é unha reflexión sensata que todos podemos facer. Abrir un novo calendario ou almanaque non é garantía de que viviremos todo ese ano.

Imos presentar dous tipos de consideracións que importantes poetas escribiron en admirables versos.

Hai unha visión pesimista do pasado. Quizais nós, co asunto da economía familiar, ou da guerra en Ucrania, ou polas violencias exercidas contra a muller, poidemos ter un recordo menos favorable do ano pasado. Así, Espronceda, autor que figura entre os mellores autores do Parnaso español, escribíu:

“Los años, ¡ay! de la ilusión pasaron

las dulces esperanzas que trajeron

con sus blancos ensueños se llevaron

y el  porvenir de obscuridad vistieron…”

 

Para compensar esta visión negativa do ano pasado e mirar con esperanza o que imos empezar, acudimos a outro autor, Alejandro López de Ayala, que escribe a unha irmá súa un largo poema, dándolle ánimos ante o novo ano. Velaquí algún dos seus versos:

“¡Un año más!… No mires con desvelo

la carrera veloz del tiempo alado.

que un año más en la virtud pasado,

un paso es más que te aproxima al cielo.

Que el tiempo que bien obres no es perdido,

pues los años de paz, hermana mía,

que en la santa virtud hayas vivido,

se conviertan en siglos de alegría

en el eterno edén que hay prometido

al alma justa que en mi Dios confía”

 

Coa decisión e optimismo deste poema, temos que empezar a xeira dun novo ano que a todos desexo sexa vivido en paz e para Deus. Amén

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?