Verán

por

Xa estamos no esperado verán. Hai moitas formas de aproveitar este tempo tan esperado, sobre todo, por estudiantes.

– Hai quen dedica este tempo á praia. Os nosos areais van estar cheos de bañistas. Lembrade: hai bandeiras vermellas que nos avisan dos perigos das ondas nesa ocasión.

Hai cancros de pel que aumentan no verán por non poñer a protección adecuada.

Non queremos ser profetas de cousas malas, somentes avisamos.

– Hai quen prefire a montaña para facer excursións, descubrir paixases, facer fotografías para o recordo.

– Hai quen prefire a lectura dun libro que reservou para este tempo de lecer. Ou tamén pescudar, escribir un traballo sobre un tema interesante.

– Hai quen asiste a cursos, chamados de verán, que complementan os estudos reglados dos centros de ensinanza.

– Viaxar ó estranxeiro ou perocrrer Galicia, escribir poemas…

– Peregrinar a Fátima como fan moitos devotos bergantiñáns, outro mester vacacional para este mes de Xullo e ir tamén a Lourdes.

Bon verán a todos. Pasa axiña. Aproveitádeo pois.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?