S. Xaquín e Sta. Ana

por

Son os pais de Nosa Señora, os avós de Xesús.

Sempre son terneza os avós para os netos. Por iso podemos imaxinar a Sta. Ana tendo no seu colo ao Neno Xesús. E así aparece representada a escena nalgunhas imaxes. Outras veces, é Sta. Ana quen está ensinando a ler na Biblia á filla Sta. María.

Os avós en Galicia son unha tutela providente para os netos pois somos terra de emigración, ó faltaren os pais, están os nenos en mans dos seus avós. Estes, rexuvenecen, lembran o coidado que tiveron cos seus fillos. Son pais de novo. A tradición familiar, as cousas que os avós contan dos vellos tempos en Galicia e na propia familia, son educación completa para as novas vidas que empezan o seu andar.

Se, lamentablemente, os pais chegan a separarse quedan os avós como vencello familiar. Os trebunais civís veñen de recoñecer o dereito dos avós a estaren cos netos. Exemplar é a escena que contemplamos cando vemos a avós levando os netos a igrexa, ou cando eles mesmos acceden a seren catequistas. Bendigamos a Deus que tales avós dá ós seus netos.

Tamén temos o día de Santa Marta. A que acollía a Xesús na casa de Betania. Sta. Marta é patroa da hostalería. Temos en Galicia os albergues do Camiño de Santiago, albergues que Cáritas funda e dirixe en moitas parroquias, xeriatrios, asilos, residencias para maiores que as ordes relixiosas abren para atender á poboación máis desprotexida. Case sempre relixiosas que seguen a idea do Fundador. Así, as Fillas da Caridade, as Irmanciñas dos Anciáns Desamparados…e moitas outras que son froito da caridade na Igrexa de Deus e da norma do Señor: “Estiven enfermo e coidástesme…”

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?