Palabra temible, asunto ben doloroso, pero presente na nosa sociedade. Estaremos condenados a vivir e loitar sempre con el?
De vez en cando, acó e aló, xurden noticias alarmantes. Organismos oficiais, asociacións particulares, conferencias nas parroquiasā¦intentan arredar Ć” nosa sociedade dos perigos da drogadicción.
Con este mal vĆ©n a ruĆna da saĆŗde, da economĆa familiar, e quĆ©n sabe cĆ”ntos roubos hai motivados pola dependencia que crea a droga.
Tampouco os narcotraficantes son felices. Primeiro, porque son recriminados pola propia conciencia, pola sociedade. E perseguidos pola xustiza, andan por cƔrceres ou fuxidos que tampouco lles permite unha vida apetecible, regular.
Hai tamén drogas socialmente toleradas, anque cada vez menos. Son o alcol e o tabaco. Os avisos dos danos que producen no cerebro, nos pulmóns e corazón son pregoados polas autoridades médicas, que tamén avisan sobre novas dependencias: o teléfono portÔtil, a TV, redes sociais.
PorĀ contra, aparecen drogas artificiais, de novo deseƱo, aĆnda mĆ”is malignas cas tradicionais. Loitando contra ese mundo que tantos estragos fai na nosa mocidade, estĆ” Vieiro, como Asociación e como publicación periódica. Vieiro atende,Ā recomenda, trata de apoiar a liberación da escravitude da droga.
Na revista aparece a información mĆ”is comprida sobre a natureza e males de cada droga. Informan expertos na especialidade. GuĆanse por criterios terapĆ©uticos adiantados.
Gran calidade nas pÔxinas da revista, dirixida especialmente a todos os concellos de Bergantiños. Parabéns a cantos sosteñen a publicación!
Vieiro rexistrou hai poucos meses a perda do seu Presidente Fundador, JosĆ© VĆ”zquez (Pepe o Raiano) finado con 78 anos. Pero o equipo que el dirixĆa vai seguir adiante. E temos a Fina ReyĀ e a JosĆ© MarĆa ArĆ”n, entre outros, co proxecto nas sĆŗas mans. Son bergantiƱƔns benfactores en varios eidos da nosa vida cultural. DesvĆvense por servir ós demais. OgallĆ” que vaian acadando os nobres obxectivos polos que entregan o seu tempo e afĆ”ns.
(En lembranza de Pepe o Raiano, no seu cabodano)
