Na soedade, matinando

por

Coido que algún día se coñecerá a orixe do croavirus. Quedará claro se foi un descoido de laboratorio ou unha feria de animais salvaxes.

Como queira que fose aparece a insuficiencia humana para dominar unha realidade tan diminuta, extraña, a pesares de téremos intelixencia artificial e tantos medios e tantos sabios. Humildade, pois.

Mentres tanto, caben algunhas reflexións :

1-Tal coma un croavirus, tamén poidera fallar a seguridade de tantos silos repletos de bombas atómicas. Sería a desfeita do planeta, tanto  pola explosión como pola contaminación. Lembremos o caso de  Chernóbil.

2-As normas e tratados internacionais prohíben certos medios para

facer as guerras. Así, prohibidas están as bombas de nepal, as de

racismo, o gas sarim. Tamén as chamadas bombas bacteriolóxicas.

Pero o pasado fai sospeitar, ou afirmar, que tales convencións non se

respectan. Así pasou en Vietnam.

3-Os teólogos moralistas fálannos do pecado estructural, é dicir, aquel

xerado por estructuras inxustas na sociedade, das que, ó mellor,

inconscientemente participamos, pero colaboramos ó mal que afecta,

sobre todo, ós menos dotados, ós máis vulnerables.

Agora o papa Francisco fálanos do pecado contra a Naturaleza. Despois

de escribir tan acertadamente na Laudato Si sobre o coidado da casa

común (a Terra), agora  crea un novo concepto de pecado.

Tamén, quizais sen decatarnos, todos caemos nel. Por un excesivo

consumo, pola contaminación de augas e aire, pola supresión de

hábitats necesarios para a propagación das especies…

Así se están perdendo cada ano tantas especies de animais e plantas, e

hai unha emigración das mesmas a lugares onde rompen o equilibrio

natural. Así estamos perdendo os gorrións e somos invadidos polas

velutinas e plantas que desforestan as nosas masas de arborado, e

peixes que veñen vivir ós nosos mares…

Con razón un científico dos nosos días avisaba: a Humanidade ten que

irse preparando para sobrevivir noutro planeta.

Deixaremos, pois, este noso coma un camposanto de antepasados?

Quedará todo cheo de cascallos,  perderá a súa cor azul que admiraron

os astronautas desde o mundo exterior?

Velaí o gran pecado contra a Naturaleza.

 

También te puede Interesar