Nunha biblioteca hai libros de historia, poemas, novelas, ensaios e tamén literatura infantil. Nun periodo que se estima de doce séculos foron aparecendo os diversos libros da Biblia.
Os maiores de hoxe temos lido contos que eran moi educativos. Lendo a Pinocho sabiamos que non se poden dicir mentiras. E que había que ser prudentes, pois podíanos pasar como a Blancanieves ou Caperucita. E había que ser puntuais senón podíanos pasar como a Cenicienta.
Na Biblia hai literatura para que os nenos aprendesen a saber quén era Iahvé e rexeitasen os deuses falsos da idolatría. Baal era un deses deuses que querían impoñer e esquencer a Iahvé, o Señor Deus de Israel, desde sempre.
No libro I dos Reis, capítulo XVIII vemos ó profeta Elías desafiando ós sacerdotes de Baal. Dalles todas as ventaxas. Elías sólo fronte a 450. O reto era ver quén era, (Iahvé ou Baal) o que mandaba lume para queimar o becerro posto no altar. Berraban e berraban os sacerdotes de Baal, pero nada. Agora vai actuar Elías, que, antes de nada, molla varias veces o becerro, fai unha gabia arredor do altar, énchea de auga, fai unha oración a Iahvé e ao instante vén o raio que puxo o becerro a arder.
Eufórico coa súa victoria, Elías mandou matar ós sacerdotes de Baal.
¿Qué ensina isto aos nenos de Israel? Pois que Iahvé é máis poderoso ca ningún deus estranxeiro. Gaña por goleada. Hai que botar fóra, lonxe, a idolatría de Baal.
Lido ese capítulo na sinagoga, un sábado, deixa contentos a nenos e maiores. A lección é clara: temos que ser fieis ao noso Señor, que nos vén protexendo en toda a historia de Israel.
Xosé Pumar Gándara