Hai moito que facer na familia, na parroquia, certamente. Pero se fixeramos todo, todo canto hai que facer, pero falta a motivación da caridade cristiá, botamos a perder os nosos esforzos.
Podemos movernos, axitarnos, cansar de tanto traballar. Hai que facer a complexa obra que supón a pastoral dunha parroquia. E moito sacrificio require unha feligresía como Carballo: grande, complexa, extensa. Pois mira, se falta a caridade, se falta o amor como nos di S. Paulo na epístola 1ª ós Corintos (XIII,1-2) “de nada nos sirve o noso afán”. Da pena dicilo, pero é así. Non sei quen dixo que, se temos unha gran instalación eléctrica nas nosas casas, pero falta a corriente, para nada nos vale aquel conxunto de cables.
Desde hai uns anos temos nas nosas igrexas un canto copiado de S. Paulo, xa citado. “Se coñezo cos grandes misterios, todas as ciencias, se tivera poder para mover montañas, se repartirá ós pobres os meus bens, se me autosacrificara…pero non teño amor de caridade, sería coma unha campana que toca choco, estorba”.
“O máis grande é o amor”. É dicir o amor ó próximo por irmán, fillo do mesmo Pai Dios.
Todos sabedes as respostas do Señor ós que lle preguntan polo mandamento máis importante (Marcos XII, 31)
Así mesmo, a chamativa parábola do Bo Samaritano (Lucas X, 25). O Mandamento do amor entre nós, é a ensinanza-resumen de canto o Señor ensinou (Xoán XV, 12).
Xesús pronunciou esta sentencia do Amor na súa Cea de despedida ante os Apóstolos. Presente estaba Xoán, o Evanxelista. Na súa Carta primeira dedica os capítulos III e IV a falarnos do amor, da caridade cristiá. E di: “Quen non ama, permanece na norte do pecado” (III,14) “Quen non ten caridade non coñece a Dios, xa que Dios é Amor”. O amor fai presente a Dios.
E contan as crónicas que cando San Xoán era velliño e xa non podía andar, levábano pola man os seus discípulos á igrexa. E San Xoán disque sempre dicía o mesmo: “Filliños, amádevos uns ós outros…”
“Pero mestre, sempre nos dis o mesmo”, preguntaron os discípulos… E San Xoán repetiu: “É mandato do Señor, se se cumpre ben, basta”.
San Agustín, no seu tempo (ss. IV_V) tamén predicaba así: “Ama, e fai o que queiras…”
Claro é que, se amamos de verdade, tal como Xesús nos ensina no Evanxelio, cumprimos todos os mandamentos.
Serían as familias con amor un fogar de paz, as parroquias un anticipo do gozo final que nos espera. E as cruces (que non faltarán) convertiranse en intres de purificación para amar máis a Dios e ós irmáns.
Temos no Evanxelio accións concretas nas que o Señor nos pide que poñamos o noso amor en execución. Son as Benaventuranzas. Xesús bendice, si, ós pobres, ós que choran, ós enfermos, ós misericordiosos… (Mat. V, 1-12).
Pero estános marcando obxectivos para o noso esforzo, aí é onde se medirá a realidade do noso amor. Ten que ser algo práctico, eficaz, visible. E así a razón do noso premio (Mat. XXV, 31 ss.).
Engade o Señor unha razón definitiva que explica o seu interese polos pobres, refuxiados, inmigrantes; polos que pasan fame ou non teñen vestidos, nin teito para acubillarse…
“Canto fixestes a un destes, di o Señor, a min mo fixestes”. Velaí o que vale o amor real ante Dios. Cristo Xesús impersonalízase, solidarízase con todo marxinado. O pobre, o excluído representa ó mesmo Señor.
Moito aprecia Cristo a nosa caridade.