A Constitución

por

Por gran maioría os españois chegamos a darnos unha constitución. Foi un bo acordo. Era o ano 1.978. Pero nestes anos pasados veñen aparecendo opinións en favor dunha reforma, ou adaptación, da constitución aos cambios operados na sociedade española.

Son os expertos en dereito constitucional os que teñen que falar, tamén os nosos políticos. Agora ben, todos os periodos constituíntes que hai, de vez en cando, nos estados, son moi difíciles. Se non hai vontade de pactar, de ceder, para acadar un punto de converxencia, é probable que teñamos moitos descontentos e o consenso sexa escaso.

Pero, na rúa, calquera español de boa vontade pode dar o seu parecer. Polo que escoitamos, parécenos que hai unha importante convicción de que en España temos moitos políticos. Especialmente se nos comparamos con países prósperos, como Alemania. Este país ten o dobre número de habitantes ca España. Pero en número de políticos superamos en tres ou catro veces os que temos en España, respecto do estado xermánico.

Simplificando a clase política en número, e esixindo maior calidade, evitariamos lamentables espectáculos que se ven, de vez en cando, nos foros políticos.

Por outra parte, lemos e oimos que sobra o Senado, as Deputacións. Que non hai o debido control no gasto. Que hai institucións deportivas que non pagan os debidos tributos.

O que se poidera aforrar, tería que ir a Sanidade, Educación, Servizos Sociais, Obras Públicas e todo isto da traballo, baixa o paro, asegura as pensións.

Requírese transparencia, soldos axeitados ás posibilidades da nosa economía. Castigo duro á corrupción, ó despilfarro. Os escándalos feren a confianza do pobo na clase política.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?