A Ecoloxía

por

Preocupación crecente na nosa sociedade. Por iso foi tan ben acollida a encíclica do papa Francisco. “Laudato Si” é unha chamada a respectar este planeta noso que, en palabras do papa, é “unha casa fráxil”. Contaminamos campos, ríos, aire. A capa de ozono vai moi reducida por tanta industria que bota os seus gases á atmosfera. Por tantos productos químicos que contaminan as terras.

O ozono protéxenos dos raios do Sol que danan a nosa pel. Vai aumentando o uso de protectores para defendela de riscos canceríxenos.

A natureza ten o seu ritmo, vai lentamente recuperándose do seu ser, pero a industria quere prontitude e cantidade. A natureza non pode absorber canto de contaminación lle botamos. Pero se a tratamos ben, ela rentabiliza o noso esforzo.

S. Francisco de Asís quería que os seus frades tivesen campos que producisen herbas, flores… e así admirar a obra do Creador.

Na Biblia (Xénesis, II, 15) xa se di que Deus encomendara a Adam para que gardara e cultivara o Paraíso. Así é como temos que entender o versículo 28 do cap. I. Non se quere dicir que “dominar” a terra sexa unha entrega para estregala.

En Isaías (XXIV, 1-6) e en Xeremías (X, 23), hai chamamentos para que coidemos a terra coma mansión destinada a acoller as xeracións viventes e ás futuras.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?