Actos de Ánimas

por

Todo este mes é un tempo adicado á celebración de Actos de Ánimas polos difuntos de cada parroquia e outras entidades eclesiais.

Xeralmente, precedidos por solemne novenario. Tamén as ordes e congregacións relixiosas teñen os seus propios actos. Algunhas aínda conservan camposanto propio, como é o caso dos PP Franciscanos de Santiago.

Na Catedral, todos os días do mes había aniversarios que arcebispos e outros persoeiros eclesiásticos ou seglares deixaron fundados con esa intención. Non sei se agora estas celebracións seguirán porque a devaluación da moneda de anos moi vellos, non permitirá xa máis ca Misas rezadas.

Mesmo había na Catedral un aniversario (así chamado) polo emperador Carlomagno de quen dicía a lenda que recibía aviso do propio Apóstolo do lugar no que estaba o seu sartego. E así, Carlomagno estivo en Compostela “visitando” a tumba de Santiago.

Neste mes temos o recordo por todos os Mártires Españois do século XX. Que foron moitedume entre bispos, sacerdotes, relixiosos e laicos. Polo tanto, tamén conmemoramos o martirio de Isabel Remuiñán Carracedo, nacida na aldea de Amboade-Seavia o 17-VI-1.876. Morreu por disparo de arma de fogo, segundo o dictamen xudicial sobre o seu cadáver, atopado o 6-VIII-1.936 no kilómetro 5 da estrada de Perales del Río, distrito de Villaverde, e nesta vila sepultada foi. Sor Isabel foi franciscana misioneira da Nai do Divino Pastor.

Que todos estes mártires nos sirvan de exemplo e intercedan por nós. Amén.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?