Amor á Patria

por parroquia

     Queremos referirnos ao amor que o cristián ha de ter á Patria. Á patria pequena (parroquia, aldea…) e á patria maior (España).Dicimos que iso é unha aplicación do segundo Mandamento, o do amor ó próximo.

     Vexamos como practicaron e profesaron o amor ó terruño, á patria pequena, eminentes prototipos para un cristián como son S. Paulo Apóstolo e Xesús de Nazaret.

    S. Paulo definíase como  “fariseo e fillo de fariseos”, tamén como “cidadán romano” (Feitos XXIII,6; XXV,11) Velaí o amor ás tradicións xudeas e a condición de ciudadán do Imperio Romano que coincidían en S. Paulo.

     Tras a súa conversión ó cristianismo, deixando o xudaísmo, Pablo foi perseguido decote polos antiguos correlixionarios, os xudeos. Pero o Apóstol amosa un amor fervente a eles todos. Así, en Rom. IX,1, di que “prefería el ser un proscripto con tal que se salvasen os do seu sangue e raza”.

    Mais S. Pablo síntese evanxelizador do mundo que el coñecía e así os países do sur de Europa (Asia Menor, Grecia, Roma, España…)ademáis de Chipre e Xerusalem,  recibían a predicación do Apóstolo. Con razón é chamado o “Apóstolo das Xentes”.     .

     Perfecto equilibrio entre o amor á patria pequena e o amor á humanidade.

     “Non hai distinción entre grego e xudeo, circunciso ou incircunciso, bárbaro ou asceta, esclavo ou libre… Xesucristo é todo para todos”. (Colosenses III, 11 e Gálatas III, 28).Aquí engade que “non hai distinción entre home e muller”.

     Falemos agora de Xto, Xesús o modelo perfecto. En Mateo XXIII, 37 anuncia a destrucción de Xerusalem que ocurriría no ano 70 (Uns 40 anos despois). Doíalle a Xesús a destrucción do templo, símbolo da relixiosidade xudena no que xesús predicara cando chegaba ós seus adros.

     Xesús falaba a lingua común do pobo, é dicir, o arameo. Por iso o entendían as masas populares que o seguían. Algunhas palabras textuais pronunciadas por Xto, e recollidas nos evanxeos amosan a linguaxe aramea de Xesús. O arameo era unha lingua hebrea deteriorada. Pero Xesús tamén lía o hebreo clásico. Así consta en S. Lucas IV, 17. Xesús le un texto de Isaías (LXI, 2) composto uns 700 anos antes de Cristo.

     Xesús ía a Nazaret, onde se criara. Predicaba na sinagoga do pobo. Pero non foi recoñecido nin ben tratado alí. Mais ben rexeitado. (lucas IV, 29).

     Non tiña boa fama Nazaret. (Xoán I, 45). E ben parece que algunha minoría habería naquel pobo que fixo que acadara esa fama.

     Pero vemos que Xesús amaba a Nazaret e levou o nome de Nazareno ata o momento da súa morte.

    Pois ben. Xesús manda ós seus Apóstolos a predicar ó mundo enteiro (Mateo XXVIII, 19). E nas súas parábolas predica que o Reino dos Ceos é para todos. Basta que cumpran os Mandamentos e a Lei da Caridade (Mat. XIX, 17; Mat. XXV, 31)

     Estas breves reflexións sobre os comportamentos de S. Paulo e Xesús de Nazaret deben servir para que entendamos que son perfectamente compatibles o amor á patria máis achegada, e tamén ós de lonxe.

     Podería ser o devandito como unha base para entender que os nacionalismos son lexítimos pero non deben ser excluíntes. Porque a caridade, o mandamento de amor é universal no idioma cristián.

También te puede Interesar