Está o refraneiro cheo de ditos con alusión a esta data. Imos facer un reconto dos acontecementos que nos vai ofrecer 2.015.
- Quinto centenario do nacimento de Santa Tareixa de Xesús (28 -III- 1.515). Estamos vivindo un Ano Xubilar Tareisiano en toda España. Teñamos esperanzas en que o papa Francisco veña a España (Alba de Tormes – Ávila). Outra razón máis para que veña é que está correndo o VIII centenario da presencia de San Francisco de Asís en Santiago de Compostela.
- O 2.015 é un ano sinodal, tanto en Roma, para completar o Sínodo da Familia do 2.014, como en Santiago, a nosa diocese, que estamos preparando desde hai tres anos para “renovala en comunión, desde Cristo”, como di o lema escollido polo Sr. Arcebispo. En Carballo temos moi presente este acontecemento.
- Cúmprense 50 anos da clausura do Concilio Vaticano II (1.965).
- Desde o primeiro domingo de Advento está correndo o Ano da Vida Consagrada.
- Tamén son os 40 anos da inauguración da Igrexa actual de Carballo. Foi polo S. Xoán.
- Finalmente, este 2.015 tráenos as Vodas de Ouro do párroco de Carballo, ordenado sacerdote o 18- 12 – 1.965. Nacido en San Estevo de Oca (A Estrada) o 31 –V – 1.943. Está en Carballo desde agosto do 1.972. Antes estivera servindo á Igrexa nas parroquias de Pontedeume e Santa María Salomé, de Santiago. Pero destas Vodas de Ouro queda tempo para falar. Agradezamos o Noso Señor esta plena realización sacerdotal que é o traballo pastoral de D. Xosé García Gondar en favor de Carballo e a Unidade Pastoral así como de toda a nosa Arquidiocese.