Ten que ser o día da gran alegría dos nenos/as. Hai que presentarlle, explicarlle o Nacemento de Xesús. Que vén a nós coma un Neno indixente, pobre, pero tráenos a gran noticia de saber que somos amados por Deus Pai.
Contrasta este día co dos Santos Inocentes. Tamén contrasta coa noticia de tantos nenos/as que non experimentan a ledicia do Nadal, ou ben porque Xesús aínda non lles foi anunciado, ou porque a pobreza, a fame, reinan nas terras onde tantos nenos habitan.
Cando os nosos nenos xa maiores contemplen as Cabalgatas que pasan polas vilas, lembrarán o amor, o agarimo no que foron criados, educados por seus pais. Así mesmo, aquela inxenuidade que os facía felices con agasallos que recibían no seo familiar.
Velaí o Día dos Reis coma un vencello que une as familias da actual xeración, entre sí; e a lembranza que os maiores terán dos máis novos e dos que xa están con Deus. Todo fundado en amores, alegrías infantís, pero profundas, que a Navidade de Xesús nos trae a todos