Os Santos Inocentes

por

Esta celebración enfría a ledicia do Nadal do Señor. Pensamos en tantas vidas inocentes que son eliminadas no seo materno pola maldade humana. Unha carnizaría que frustra o proxecto de Deus e do verdadeiro amor humán.

E non só hai vítimas inocentes que non chegan a nacer, senón que hai moitos nenos maltratados polos maiores.

Hai quen non ten escola pero póñenlle un arma na .man para matar.

Hai persoas maiores que viven en soedade, sen os coidados que merecen. Mesmo, esa soedade pode ser un perigo para as súas vidas. Repasemos os nosos recordos de acontecementos recentes.

Polo tanto, o 28 de decembro é unha paréntese no Nadal. Na Misa lévanse ornamentos vermellos lembrando o sangue martirial dos Inocentes. Este ano, por caer en domingo, celébrase a festividade da Sagrada Familia. Moi ben poden vencellarse as dúas celebracións. Que os nenos nazan e medren no amor familiar; que os país, asumindo a súa obrigación dean un fogar no que vaia formándose o fillo nacido, ofrecendo prototipos de amor que axuden a téremos xeracións de bos ciudadáns, bos cristiáns e, se Deus o concede, vocacións de especial servizo na Igrexa de Xesuscristo.

Bo Nadal a todos!

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?