Difícil tradución

por

Paz na terra para os homes que ama o Señor”. Así temos agora no canto do Gloria. Quere dicirse que todos os humanos son amados de Deus e a todos trae paz o Neno Xesús.

Pero volve, na nova tradución da Biblia por expertos españois, aquela outra fórmula que temos oído hai tempo:

Paz na terra para os homes de boa vontade”. Quen teña boa vontade, terá con el a paz como agasallo do Neno do Nadal.

Non é fácil traducir a expresión orixinal da lingua grega: “tes eudokias”. Trátase dun xenitivo onde a paz, a boa vontade pode estar no que a ofrece ou no que a recibe. Un xenitivo obxetivo-subxetivo.

Pero esa afirmación inclusiva témola nas nosas falas. Se digo “fulano é xente de confianza”, quero expresar tanto o creto que me merece, como as cualidades de honradez que hai en tal determinada persoa. Como a paz de Nadal que Deus quere para todos e que debe ser recibida polos que teñen boa vontade. Que ninguén a rexeite.

Particularmente gustábame aquela tradución galega, dos primeiros tempos, que dicía: “paz para os homes de boafé”. Un galego de boafé é un home sinxelo, servidor, amable. Con tendencia a crer e sempre acollido polos demáis.

Sexamos de boafé. Para así acoller a Paz que trae o Neno de Belén

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?