Espiritualidade poética

por

Estamos no Ano Tareisiano, proclamado con motivo do V Centenario do nacimento da santa (1.515). Deberiamos repasar poemas e textos da santa de Ávila. Son agudos, realistas, sosegantes.

O 14 de decembro é día de S. Xoán da Cruz, o outro santo que contribuiu á reforma da orde carmelitana. Estas dúas almas místicas dannos a coñecer e gustar o que elas experimentaron na súa oración, nas súas crises, na contemplación dos sublimes misterios de Deus…

S. Xoán da Cruz busca ao seu Amado, vai por entre as creaturas como no seu tempo ía S. Francisco de Asís.“Buscando mis amores iré por esos montes y riberas / ni cogeré las flores ni temeré las fieras…

E responden as creaturas: “Mil gracias derramando pasó por estos sotos con presura…

Os grandes estudosos da nosa literatura pasman ao veren o emprego do S para expresar con paso silandeiro, sosegante, paseniño de Deus, que cubre de fermosura a creación.

Noutro poema (Cántico Espiritual) o santo deixa ás creaturas que algo quedan dicindo, confusamente, e remata con este verso: “Un no sé qué que quedan balbuciendo.

Non é cacofonía, senón unha maneira de referir  aos interrogantes que experimenta o poeta ao sentir a fala das creaturas.

O noso Zorrilla escribiu este verso: “El ruido con que rueda la ronca tempestad”.

Aquí, o R, expresa o retumbar da tormenta. Paco Umbral falou do “manubrio del ludibrio” nun dos seus artigos.

Outro, falando da cidade de Compostela, “gorjeo de gárgolas”.

Son autores que manexan o idioma e teñen á man o dicionario. Pero Xoán da Cruz non tiña esa formación literaria. Nel, todo foi inspiración motivada pola graza de Deus.

Somos tantos os poetastros que polo mundo andamos que deberiamos calar e endexamais escribir nada para non luxar obras poéticas como as de Sta Tareixa de Ávila e S. Xoán da Cruz.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?