O Cardeal Quiroga

por

Xa van aló 43 anos do pasamento do noso cardeal (6-XII-71 ) e xa son moitos os galegos que saberán del só polo que teñen oído ou lido.

Quiroga veu de arcebispo a Santiago con 49 anos e foi nomeado cardeal con 52, cando o número de cardeais estaba fixado en 70 para todo o mundo.

Galego ourensán, de familia numerosa e fillo de garda civil, tivo a dolor de quedar orfo de nai sendo moi neno, Foi criado pola irmá maior.

Forte físicamente, “ mais non metía medo”, como dixo un neno galego cando o viu coa súa impoñente maxestade.

Quiroga suscita unanimidade no criterio de cantos o coñecimos. Era un profundo amante da Igrexa, que sufría por ela. Así se foi derrumbando aquela fortaleza, pouco a pouco, para finar rematando 1.971.

Hai biografías de Quiroga, que pretenden ser haxiografías. Sí, o cardeal merece loubanzas, pero o mellor del, pensamos, está nos intres difíciles que tivo que vivir. Deu exemplo de paciencia e caridade.

Seguindo a Paulo VI, temos que dicir que Quiroga, máis ca mestre foi un Testigo da Fe. A estes é ós que cre o mundo.

No seu diario lemos con frecuencia: “Deus adjuvet me”, é dicir, que “Deus me axude”, cando ía tratar algo importante para a vida da diocese.

Grande, pois, e humilde, consciente da parvedade que todos somos e temos. D. E. P. o  amadísimo cardeal. Amén

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?