Advento: tempo da maternidade divina de María Santísima

por

Chea de gracia foi porque ía ser Nai do Señor Xesuscristo. Isto celebrámolo o día da Inmaculada. Pero despois vemos a María na súa integral maternidade. Grávida, porque espera dar a luz ao seu fillo Xesús. Poucas imaxes hai nas nosas igrexas que representen ese intre maternal de María. Nalgunhas imaxes seica foron reducindo a manifestación externa da realidade de Nosa Señora como nai encinta. Parecía algo irreverente o seu seo abultado.

Temors que subliñar ese proceso de Xesús evolucionando nas entrañas de María. Pois “ en todo é semellante a nós, agás no pecado”, como nos di San Paulo.

É un proceso sentimental, biolóxico e teolóxico, único no caso de María e Xesús, pero que se repite en cada un dos humanos. Todos teñen un designio de Dios para que, como fillos, cheguemos definitivamente a El.

Nos tempos que andamos hai un gran desprecio pola vida que, en xerme, aparece nas entrañas das mulleres chamadas á sublime misión da maternidade. Velaí un pecado horrible que fai do noso mundo unha   gomorra   merecedora do castigo de Deus.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?