A Virxe Milagrosa

por

Teñen os carballeses crecente devoción a esta advocación de Nosa Señora. Hai triple celebración en Carballo. A máis sonada e concorrida é a do primeiro domingo de septembro.  Moitedume de fieis na Misa solemne, ritos particulares para enfermos, nenos, familias. Gran participación.

Temos así mesmo a celebración parroquial no día propio, que é o vindeiro día 27. Con novena solemne.

E no Colexio da Milagrosa(hoxe titulado Mini Residencia  para Menores) hai a emotiva celebración que promove a comunidade  das Fillas da Caridade. Participan nenos/as internos que son preparados polas relixiosas e colaboradoras para que esta futura xeración da mocidade leve consigo un filial amor a Nosa Señora.

As Fillas da Caridade son as grandes promotoras da devoción á Virxe Milagrosa, alí onde elas teñen presencia: escolas, hospitais e múltiples centros de acollida.

Polas casas das familias bergantiñáns pasan tamén mensualmente as capeliñas que bendicen os domicilios dos que desexan recibir  periodicamente a visita da Virxe Milagrosa. Isto foi un dos proveitos daquel Ano Xubilar Mariano de tan grata memoria. Procuremos todos que non decaia este fervor mariano carballés.

Esta celebración introdúcenos xa no Advento que é un tempo litúrxico singularmente adicado a Nosa Señora.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?