San Martiño, cabaleiro e cristián

por

Moitas freguesías teñen a San Martiño por Patrón. Así: Cances, Razo, Rodís, Cerceda…O gran mosteiro de Pinario, en Santiago (hoxe seminario maior) tamén está adicado a San Martiño. Disque é o edificio que máis superficie ocupa en España, despois do Escorial.

A este santo vémolo revestido de pontifical, como bispo de Tours, que foi; ou tamén dacabalo, cando era aínda catecúmeno, dando a súa capa de oficial do exército romano a un pobre que pedía esmola.

Desque na iconografía sagrada puxeron a S. Martiño dacabalo, apareceron outros santos tamén como cabaleiros: San Xurxo, San Millán e o propio Apóstolo Santiago. O cabalo dá nobreza, prestixio, ao cabaleiro. As nosas prazas das grandes cidades están ocupadas no centro por figuras ecuestres.

Don Quijote ía dacabalo de Rocinante, o Cid Campeador, sobre Babieca.

No cadro da Rendición de Breda hai un cabalo en primeiro termo; os RR. Católicos entran en Granada, noutro cadro, con cabalos ricamente aparellados.

A consecuencia que queremos tirar é que o cristián debe distinguirse polo que é o centro da súa Fe: a Caridade, o Amor eficaz, que axuda a transformar o mundo. Con humildade.

Todo iso conlevado coa dignidade de quen se sinte Fillo adoptivo de Deus, irmáns de Xesuscristo. Non é para encherse de soberbia, senón para portar con elegancia e dignidade a condición de cristián, como aqueles cabaleiros ostentaban a súa fidalguía e nobreza en tempos de antano.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?