Amamos a Cataluña

por

Porque compartimos vencellos xeográficos, relixiosos e culturais que non nos permiten esquecer esa terra na que tantos galegos atoparon traballo. E tantas industrias cataláns fundaron empresas na Galicia   marítima.

Compartimos orixe apostólica. San Paulo predicou en Tarragona, Santiago Zebedeo en Galicia. Na Tarragona romana tiña a súa sé a provincia tarraconense á que pertenceu algún tempo Gallaecia.

Cataluña, extremo oriental da península, limitando co mar Mediterráneo, que é o mar da cultura antiga. Galicia limita co Atlántico, que é o mar dos descubrimentos. Tivo Galicia noticia adiantada do descubrimento de América pola arribada da Pinta a Baiona; a seguinte noticia tívoa Barcelona, a onde chegou Colón, galego, despois do descubrimento.

Cataluña ten idioma propio, asemellado ao francés; como Galicia, que deu orixe á fala portuguesa. Territorios os dous que limitan con países estranxeiros: Francia e Portugal.

O mellor do reino de Aragón, cando se unen con Castela era Cataluña; o mellor do reino de Castela era Galicia-León.

Verdaguer e Cambó foron nos nosos tempos os grandes defensores da cultura catalá, como en Galicia, Brañas e Castelao. Tempos recentes son tamén os dos grandes arquitectos Gaudí e Palacios, cos templos da Sagrada Familia(Barcelona) e o da Veracruz( Carballiño).

Remato evocando a sardana catalá e a nosa muiñeira.

Basten estes exemplos para xustificar o noso amor a Cataluña.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?