Santos e Defuntos

por

Moi ben acaen estas dúas celebracións. A liturxia da Igrexa é a gran mestra dos misterios centrais da nosa Fe.

Hai quen vai moitas veces no ano visitar o Camposanto. Alí reza, repón as flores. Esas persoas volven confortadas.

Pero nestes días de novembro os Camposantos son escenarios de renovación: flores, misas, campas (lápidas)… todo parece revivir. A nosa Fe, os nosos amores polos que nos deixaron, pídennos todo iso e máis que poidamos facer.

Os crentes vivimos un especial humanismo nestes días. Profesamos a inmortalidade, non só na lembranza, senón nunha vida real, onde non hai bágoas nin tristuras, senón gozo que non podemos describir, como o mesmo S. Paulo nos di.

Quen se profese agnóstico, ou ateo, se pasa estes días por un Camposanto onde descansen os seos, notará que hai un enigma no seu interior que tería que resolver. Non podemos amputar, colapsar con doutrinas humanas o que levamos dentro, para o que estamos estructurados: a Paz e Descanso en Deus.

Outra consideración é a que lemos no poema composto por Manrique cando a morte do seu pai. Para Gabriel García Márquez, é o mellor poema da literatura española:

“Recuerde el alma dormida / avive el seso y despierte / contemplando/ como se pasa la vida / como se viene la muerte / tan callando…

Remata dicindo:

“Nuestras vidas son los ríos / que van a dar en la mar / que es el morir…”
“Allí los ríos caudales, allí los otros medianos / e más chicos; / allegados, son iguales / los que viven por sus manos / e los ricos”.

Hai un refrán latino que di: “A morte iguala os cetros e os legóns” lese na campa dalgún arcebispo de Santiago.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?