O Domingo das Misións

por

O domingo mundial da Propagación da Fe (DOMUND) é unha solemne chamada anual da Igrexa para recordarnos que todos temos, por  bautizados, a obriga e honor de séremos misioneiros.

Falamos das misións en países onde a Igrexa non está implantada suficientemente, por iso necesita axuda dos demais crentes. A oración, o envío de misioneiros (seglares ou sacerdotes) son a mellor axuda.

Tamén a colaboración económica para poder levantar e soster igrexas, escolas, orfanatos, hospitais, como ten que ser nunha acción evanxelizadora que inclúe o anuncio e a realización das esixencias do Evanxeo.

Acabamos de coñecer o exemplo de Fe e Caridade deses misioneiros que estaban en Serra Leona. Resultaron infestados do ébola pois vivían en medio da peste que se estende por terras africanas. Querían atender, curar ós demais, era a pasión que  por 30 anos os tiña en Africa. Trouxéronos a España, a ver se curaban e non foi posible. Pero non fuxiron de onda os seus. Volverían, se acadaran a curación.

Velaí a valentía e a forza que da a Alegría do Evanxelio, como di o papa Francisco. Quizais vivamos nós o evanxeo coma unha carga que imos soportando. Os misioneiros teñen o corazón cheo de alegría, no medio da dolor, e por iso están firmes e contentos no medio do sacrificio e tribulacións, como di S. Paulo Apóstolo.

Sintamos a nosa obriga, sacudamos a pasividade e rutinas, axudemos ás Misións. O mellor,  sería unha vocación. Se isto non pode ser, oremos e colaboremos.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?