Nosa Señora do Pilar no Chorís

por

Esta festa dalle personalidade a un barrio crecente como é o Chorís. Cobra unidade,singularidade dentro do que é esta vila grandota que é Carballo.

Polo mes de maio, o Chorís leva moi adornada a imaxe do Pilar, e procesiona xunto con outras advocacións marianas no remate da Semana da Familia.

O Chorís comparte coa Benemérita Garda Civil o patrocinio da Virxe do Pilar.

Moito precisamos da Benemérita para que teñamos paz, seguranza, nos nosos labores diarios. Por iso temos que sumarnos todos na invocación á Virxe do Pilar como protección e axuda para a Garda Civil.

Son mulleres e homes que, levados da súa vocación por servir ao próximo teñen esa encomenda por parte das nosas autoridades.

Por defender a orde pública, a Garda Civil tivo moitas baixas, moitos feridos, ás veces con secuelas de por vida.

Este corpo da Seguridade nacional protéxenos por terra, mar e aire. Pero nos nosos días hai sofisticadas maneiras de facer o mal na sociedade.

Velaí a difícil loita contra a droga, os delitos que se cometen por internet contra os máis indefensos, os incendios forestais, a contaminación das augas, a falsificación dos productos que se poñen á venta.

Gloria e honor a Benemérita Garda Civil!

Que Santa María, a Virxe do Pilar siga dando valor aos nosos gardacivís.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?