Ante a imaxe de Nosa Señora das Dolores

por parroquiacarballo

Conmovedora resulta a escena que contemplamos na igrexa ao ver a imaxe da Virxe ó pé da Cruz. Mesmo como ocorreu no Calvario.

A talla de Nosa Señora expresa dolor, interrogante ante o misterio do mal, a inxusticia da Pasión. Pero ó mesmo tempo aquel rostro manifesta esperanza, seguridade na victoria do ben, a Resurrección.

Na liturxia de María líase antes unha secuencia que deberíamos manter. Era unha meditación, un acompañamento a María na hora da suprema dolor.

O título daquela composición litúrxica é Stabat Mater, en latín. No noso atrevemento por recordar aqueles versos, imos facer unha tradución parcial á nosa lingua galega, tratando de manter a rima do orixinal latino.

“En pé está a Nai dorosa

cabo da cruz chorosa

crucificado o Fillo.

A súa alma xemente

moi triste e doente

atravesada por unha espada.

Qué triste e aflixida

aquela muller benquerida

Nai do Unixénito.

Que sufría e se doía

a boa Nai cando vía

as penas do seu Fillo.

Haberá quen non chore

cando a Nai de Cristo plore

en tan gran suplicio?

Polos pecados do mundo

Xesús sufre un profundo

tormento e flaxelo.

Viu Nai ó seu Nacido

morrendo no olvido

cando entrega o espíritu.

Cristo, cando ó ceo vas subir

danos, por túa Nai contigo ir

á palma da Victoria. Amén

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?