Ante o Día das Letras Galegas (I)

por

Miña avoa paterna era da Folgueira, de Anxerís. Traballadora, intuitiva, lista… pero a pobre non tivo escola. Así, tamén os nenos do seu tempo. Nacera no último cuarto do século XIX. Finou no último cuarto do século XX, con 92 anos. E.P.D.

Este que escribe, seu neto, naceu no ano 1.931 e vai para 88 anos.

Pois ben. Miña avoíña dicía de min: “Ai, Dios miu, este neno non ten xuicio ningún

Ela endexamais escoitou radio nin televisión. Falaba coma seus pais e avós. Era aquela unha sociedade estática, rural. Polo tanto non podemos dudar da autenticidade,enxebrismo, do seu galego. Entre ela e máis eu podemos asegurar un galego vixente en Bergantiños por 300 anos.

Cando me daban un patacón, deseguida miña avoa dicía: “A ver, cómo lle dis?. Dille ó  titiu: moitas gracias e diolopague”. E eu candorosamente repetía: “gracias e diolopague, Sr”

E así falabamos na familia. Aínda non naceran os actuais académicos da Real Academia Galega.

Pero agora todos moi sabidos decretaron éstes que non se pode dicir: nin “xuicio”, nin “gracias”… Co tempo, aprendín algo de latín e na lingua nai fálase case coma nós falabamos: “judicium“ e  “gracias”. Quedo abraiado. Con razón falaba Valle Inclán do “latín galaico”.

E así, máis cousas que, anque vello falante, non acabo de entender. “Pasounos o Sol pola porta”. Miña avoíña e máis eu quedamos “ coma quen non mata cocho”

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?