Ante o Día das Letras Galegas (II)

por

As pulpeiras de Carballiño, son ben famosas en toda Galicia porque preparan o pulpo que mete cobiza. Teñen caldeiras de cobre, pratos de madeira, saben cortar, repartir o aceite e o pemento… todo ben temperado.

As pulpeiras de Carballiño, moi cultas e respectuosas elas,  a través do seu Concello e do Instituto de Estudos Carballeneses, pedíronlle á Real Academia Galega que introducise no seu Diccionario a voz “pulpo”, que é a denominación que rixe en toda Galicia, e elas levan polo mundo adiante. Respondeu a R.A.G. e dixo que non, que a palabra galega é polbo. Foi no 29-III-2.014

Ben, eu sempre oio dicir “pulpo”, supoño que os Señores  Académicos pedirán  “polbo”, pois son os que saben e defenden o noso idioma.

Tamén estou seguro que terán que explicar que é “polbo” e acabarán dicindo a palabra “pulpo”.

Vexamos. “pulpo” e “polbo” son palabras que teñen a mesma etimoloxía greco-latina.. Eu non  vexo vixente en Galicia a palabra polbo. Quizais en Portugal, Brasil, que será onde os Señores Académicos piden “polbo” , pero nada tan sabroso coma o pulpo galego.

En castelán temos “polvo” derivado do “pulvis” latino. É o que busca  nas nosas cousas. No Diccionario da R.A.G. está somentes “po”, pero tamén dicimos “polvo”. Outro problema entre o Diccionario e a fala do pobo.

Velaí un caso no que a Academia mantén unha voz “polbo” que  o pobo descoñece. E xa non é rescatable ante a prepotencia de “pulpo

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?