Arredor do fidalgo (III)

por

D

     Temos un Fidalgo no drama de San Luis Romero que vive de rentas, un home opresor, cacique, mullereiro, alcalde que manexaba as eleccións, temía ás populares sociedades agrarias. Polo tanto, O Fidalgo ponnos diante dunha angustia que sufriron os nosos devanceiros que, ás veces, tiñan como solución a emigración.

Certamente, non eran así todos os fidalgos. Nin os do rural nin os das ciudades. Anque todos defendían as súas lexitimidades como un patrimonio herdado, e a conservar. Hai casos de grandeza e tolerancia. Na nosa Galicia tivemos fidalgos que foron benfeitores do pobo, tanto no ensino como na caridade.

Os alumnos de hoxe, representando O Fidalgo, viven o que foi o pasado dos nosos ancestros. A escenificación do drama debería entrar na formación das novas xeracións. Tamén así terían noticia da evolución da nosa lingua. Na Gramática Elemental do Galego Común, de Carballo Calero (1.966) atoparemos xustificación para as formas verbais que emprega San Luis Romero.

E

     O gran confidente do Zapateiro-Poeta foi Crisanto Sanmartín Beiroa. Sei do seu amor por O Fidalgo e como se desvivía cando facían representación do drama.

Coñecín a Crisanto polos anos 1.939-1.941 cando xogaba no Rácing de San Lorenzo. Era mediocampista. Xogaban no campo da Residencia de Estudiantes co permiso do Reitor da Universidade. Os enfrontamentos co Compostela eran un clásico en Santiago. Cada equipo tiña unha clase social animadora. As mulleres do barrio de San Lorenzo, dunha parte; e da outra, os universitarios. Na loita futbolística subxacía un problema económico-social. O Reitor Rodríguez Cadarso fixera expropiación de leiriñas que tiñan os veciños do barrio de San Lorenzo, onde poñían patacas e coles. Isto ferira a aquelas xentes. O Sr. Rodríguez Cadarso precisaba terreo para a Residencia Universitaria. Daquela xa estaba ergueito o pabellón norte.

Cantigas e Agarimos tivo gran valedor en Crisanto como corista, bailarín e compositor de letra. O seu fillo e netos seguiron esta faceta.

Traballaba Crisanto na Imprenta do Seminario. Dirixía a impresión de canto naquel obradoiro se facía. Traballaba ante unha mesiña na que daba a luz que acariciaba a fachada nobre do edificio de San Martiño Pinario.

Crisanto tiña moi boa caligrafía.Por iso sufría lendo os meus manuscritos. Unha vez vino moi preocupado porque non daba coa interpretación dun escrito que ofrecera Otero Pedrayo para o libro conmemorativo das Vodas de Ouro de Cantigas e Agarimos (1.921-1.971). Era Crisanto o encargado da edición. Conservo un exemplar. Tiven a honra de participar cunhas breves liñas.

Xosé Pumar Gándara

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?