As Fillas da Caridade en Carballo

por

Levan acó uns 60 anos.Desde os comezos ata agora os cambios foron notables. Acollidas amablemente en casa particular, hoxe teñen residencia que ocupan para servizo dos nenos e mocidade. Este asentamento amosa a aceptación que as Fillas da Caridade tiveron en Bergantiños. Foron galardoadas co título de Carballés do Ano, no 1.993. E, recentemente, en toda España, co título Príncipe  Asturias da Concordia, polos seus merecementos na loita contra a pobreza e a marxinación.

As Fillas da Caridade residentes en Carballo son, en maioría de orixe bergantiñá: Sofán, Rus, Cerqueda, Pazos, Golmar, Artes. Isto pon de manifesto o traballo pastoral de beneméritos párrocos que fomentaron estas vocacións para a Obra Vicenciana, e para outras semellantes, así como para o clero diocesán. Gloria e honor a todas eles.

Nalgún caso, as vocacións para a vida relixiosa e para a sacerdotal danse na mesma familia bergantiñá. Ben os coñecemos todos. Habería que facer un catálogo destes casos exemplares.

A compañía fundada por S. Vicente de Paúl ten agora un novo superior xeral. Para este mester foi elexido o Rvdo. P. Tomaz Mavric, nacido en Buenos Aires no 1.959, ordenado sacerdote paúl no 1.983 en  Eslovenia. Os seus pais son emigrantes, deixaron a súa terra e afincaron na Arxentina. Ten 57 anos, fala español, inglés, ruso e esloveno. Fai o número 24 dos  sucesores  de S. Vicente.

Que sexa todo para ampliar e difundir a obra do Santo Fundador, basada na caridade critiá. O novo superior é, tanto para os sacerdotes vicencianos (C.M.), como para as Fillas da Caridade en todo o mundo

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?