As merecidas vacacións

por

Felicitamos ós nosos estudantes. A meirande parte, aprobaron todo; obtiveron boa nota na selectividade, e agora necesitan descanso.

Tamén os que acadaron un final pleno de aprobados precisan un tempo de vacación e de seguido repasar os libros para rematar o curso pasado.

A natureza tamén descansa despois de darnos unha colleita de froitos. Queda a barbeito un tempo suficiente para reponerse e darnos outra anada.

Perigos nas vacacións? Tamén. Nos primeiros días de xullo celebramos a Xornada da Responsabilidade nas Estradas. Hai máis trafego, máis alegría conducindo, moitas festas por Galicia adiante. Ogallá non teñamos días tristes por este lado.

As vacacións son un dereito recoñecido nas lexislacións laborais do mundo civilizado. Pensemos nas “obrigadas vacacións” dos que non teñen traballo. Nas difíciles vacacións dos nosos labregos que, no verán, teñen o máis duro do seu traballo: crifas do centeo e do trigo; a sacha do millo e das patacas; a diaria entrega do leite; a sega da herba seca. Hai medios mecánicos, pero os labores hai que facelos todos..

Non hei de amargar as vacacións de ninguén, pero ben sabedes que o monte arde sobre todo no verán; que as nosas praias ateigadas de bañistas necesitan ser coidadas, e os que acudan a elas han de evitar perigos.

A natureza tamén é un libro aberto que nos fala de Deus. Hai que pararse a lelo, ver as colores, os cantos das aves, o abaneo das albres acunadas polo vento, solpaces cheos de luz e colores que se reflexan no espello do mar.

Nunha obra de Creador que o ser humano debe respectar e coidar.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?