Ascensión do Señor

por

No día da Ascensión do Señor celebramos na Igrexa o Día dos Medios de Comunicación Social. Hoxe temos catro: prensa, radio, televisión e internet. Os medios técnicos para recibir e comunicar noticias, cada día son máis. Non saberíamos facer un catálogo dos mesmos. Acotío aparecen novidades. A xente nova . deseguida capta e utiliza estás novidades. Pero aquí estamos difundindo, desde radio Voz, a emisión da -Voz da Igrexa en Bergantiños-.

O Señor mandou aos Apóstolos a predicar ata o extremo do mundo, así o lemos no libro dos feitos de apóstolos, cap. I, Verso 8. Nós desde aquí chegamos ata Fisterra, que era un dos puntos onde remataba o mundo. Estamos, pois, obedecendo o mandato do Señor.

Noutra pasaxe do Evanxeo di o Señor aos seus discípulos que a doutrina que el ensina privadamente, que a cheguen a pregoar desde os tellados.

Velaí están tantas antenas, tanto a que ten Radio Voz para emitir, como antenas que hai nos tellados ou nos mesmos transistores, que captan a nosa voz, a nosa mensaxe, que non é outra senón a do Señor no Evanxeo.

Radio Voz, cos seus directores e moderadores, expertos locutores que por aquí pasaron, e connosco seguen, foron e son un medio providencial para que a Igrexa en Bergantiños poida ser escoitada nas casas e nos coches que por esta terra transitan.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?