Benvido Pai Francisco! Benvido a Bergantiños

por

Desde hai unha pequena tempada, moito se pronuncia na liturgia, na Igrexa, o nome de Francisco. Os que tal nome levan, familiarmente son coñecidos como “Paco”. Esta palabra seria é o resultado de xuntar as dúas primeiras sílabas de Pater Conmunis, padre común, como chamou ós frades franciscanos ao seu fundador, o santo Francisco de Asís. Pois ben, Agora temos na Igrexa un Pater Conmunis, en toda extensión, porque o Papa (=Pai) chámase Francisco.

Ademáis é franciscano en criterios e palabras: servir, perdón, amar á naturaza…Conceptos evangélicos pero que temos que escoitalos cando se nos din oportunamente e con xestos que avalan ás palabras.

O Papa Francisco, en Bos Aires, ía no metro ou no autobús. Non llegustaba que lle chamasen –eminencia-, tratamento reservado os cardeais.
Agora leva un anel de prata, dourado. Paréceme que estos dous xestos están aludindo a tratamentos e gastos que deben ser reducidos.

O noso Pai Común, Francisco ten apelido que empeza por BER, (Bergoglio). Será italiana a súa ascendencia, pero parece bergantiñán el, pois polas rúas de Bergantiños, de mil maneiras, aparece esa silaba como identificativa desta terra.

Argentina e Bergantiños, por tantas razóns irmandadas, parecen patria común de moitos galegos, pois poucos son que alí non teñen familiares.

Benvido Pai Francisco! Benvido a Bergantiños, un día tiña que levar as catro primeiras letras de Bergoglio.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?