A Pascua é a culminación da obra redentora de Xesucristo

por

A Pascua é a culminación da obra redentora de Xesucristo. O dogma clave que identifica a Xesús de Nazaret como Salvador. Está pois xustificada a nosa alegría, a esperanza.

As nosas casas teñen símbolos da Pascua. Velaí:

  • Os ramos da acollida de Xesús no Domingo de Ramos
  • As  velas da adoración do Xoves Santo.
  • As candelas da Vixilia Pascual.
  •  A auga bendita, memoria do noso bautismo.
  • Tamén hai, ou había, os ovos que os padriños daban ós afillados. Algo seguen dando, anque sexan euros.
  • Ademais dos pais, os padriños tamén se comprometeron á ensinanza e formación Cristiá dos bautizados.

E todos nós , na Vixilia Pascual, renovamos solemnemente as promesas bautismais que, por nós, meniños fixeron país e padriños.

Os ovos son o comezo da vida. Así nos cristiáns ten que cumprirse o que nos di San Paulo: “Deixade a vida de pecado, empezade unha vida nova con Xto Resucitado”.

Que se cumpra isto en toda a familia cristiá, que segue no gozo da Pascua e do novo Pastor universal que  é o Papa Francisco.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?