A Semana Santa, cume dos nosos misterios

por

A semana Santa está chea de celebracións. Estamos ante o cume dos nosos misterios como son a Pasión, Morte e Resurrección do Noso Señor Jesucristo.

– Xoves Santo: O Mandamiento Novo, a Institución da Eucaristía e do Sacerdocio.

– Venres Santo: Adoración da Cruz.

En Galicia, ademais dos Via Crucis con artísticos cruceiros como hai no Monte Pedroso, en Sorribas, en Muros, no Santa tecla…ben podemos decir que a nosa bterra é un Via Crucis exparexado nos adros das parroquias, encrucilladas de camiños, lugares de accidentes, como hai, por exemplo, no Roncudo.

Cada cruceiro ten particular motivación. Os nosos canteiros deixaron testimonio do seu saber e devoción nesta manifestación da arte popular. Temos o cruceiro de Melide, que din é o máis antigo de Galicia. O do Home Santo, agora en Santiago, no remate do camiño Francés. Temos tamén a perda de moitos cruceiros porque baten contra eles os que circulan sen coidado. Hai cruceiros que foron roubados. Pero está renacendo unha estima nova polos cruceiros. Mesmo na emigración poñen cruceiros os nosos galegos.

Hai pouco, en S. Pedro do Allo inaugurouse un monumental cruceiro, por iniciativa do Sr. Cura Párroco Don Fidel Fernández Bello, quen contou coa colaboración dun inspirado artista como é Anxo Cousillas. Parabéns a toda a parroquia.

Pero a Pasión e Morte rematan na Resurrección, como celebramos na Vixilia Pascual. Imaxes de algo tan superior como é a Victoria de Xto, e tamén con Él, témolas nas igrexas de S. Cristovo e na de Goiáns. Ogallá houbese moitas máis. A escenificación da resurrección en Fisterra, creación dun sacerdote bergantiñán, D. Luciano, e algo senlleiro na Semana Santa.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?