A Rexoubeira de Bergantiños

por

Asunción Antelo Suárez, a Rexoubeira de Bergantiños, (como ela se titula), coidamos que é a muller máis homenajeada en Bergantiños. Foino pola Asociación Monte Branco pola Asociación Cultural San Mamed de Seavia, foi declarada Bergantiñá do ano 2006. Recentemente, tributaron a esta muller unha fervente homenaxe os amigos dos cogumelos de Seavia. (Vexetais que naquela terra chaman “bellotes”, e noutras bisbarras “pan das cóbragas).

Agora outra homenaxe máis, promovida polo concello, asegún noticias que apareceron nos medios de comunicación da nosa bisbarra.

Asunción é unha inspirada artista, admiradora de Rosalía de Castro, pero que, ademáis de poeta e narradora en galego, traballa o barro, a pedra e a madeira. No seu particular museo hai pezas demostrativas desta polifacética artista.

Sublimemos aquela obra en barro que representa a igrexa de Seavia ( parroquia natal, tan querida por Asunción) onde podemos ver a torre, a casa rectoral, a fonte do carmé, e, ademais, parexas bailando as bailas da –volta da misa-, que foron tan clásicas en Seavia.

Quen isto escribe, ten un Nacimiento ou Belén; e un Crucifixo, saídos das mans de Asunción que son pezas primosas da súa arte, que gardo, entre máis , con  que ela me ten avasallado, como do melloriño que esta boa muller ten producido, na súa longa vida. Que por moitos anos dure.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?