Festividade de San Xosé

por

E o día de S. Xosé, na Igrexa, é un día solemne, como este santo merece. Humilde, calado, servidor fiel.

Invocado como intercesor para que teñamos vocacións sacerdotais. Sta Tereixa de Ávila propuso como patrón  da vida de piedade en todos os conventos carmelitas. Tamén S. Xosé é o noso valedor na hora da morte, porque a súa foi un feliz tránsito, con María e Xesús á súa beira. Patrón do gremio de carpinteiros; teñen neste día os valencianos as súas fallas, e os ferroláns cantan ás pepitas indo casa por casa.

Nós felicitamos a todos os Xosés, Josefinas, Pepes….

Felicitamos a tódolos pais de familia que, por mor do impulso do comercio, teñen o seu día.

Felicitamos a un venerable ancián que pasea, agora xubilado, polos xardíns de Castelgandolfo e goza mirando para o lago Albano. Aludimos a Joseph Ratzinger, agora Papa emérito. Lembramos a Giussepe Roncalli, beato, antecesor na sede pontificia (foi recordado coma Xoán XXIII. Tamén a Giuseppe S::::, que co nome de Pío X, agora está canonizado.

A José, Cardeal Martín de Herrera, con rúa en Carballo.

Que o santo nos protexa. Amén

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?