Día da Xustiza Social

por

No calendario de celebracións civís disposto pola ONU, ou organismos internacionais, aparece este mércores como o Día da Xustiza Social. Asunto ben gordo, agora que estamos coa corrupción de tantos políticos, sexan estatais ou rexionais, das deputacións ou dos concellos. Contémplamos todo iso e vemos o contraste de inmensas fortunas amasadas injustamente, frente ó paro, recortes de soldos, etc.

Os medios de comunicación social están chamando. Parece que os interesados non ven, teñen os oidos pechados.

Recoñecemos que son máis, afortunadamente, os políticos santos, servidores do ben común, tal como é a súa vocación e o seu compromiso co pobo.

A coresma chámanos á conversión, individual e comunitaria. Os textos bíblicos que lemos na liturgia cuaresmal, son chamada insistente. A parábola do rico Comellón que non miraba tansiquera para o pobre Lázaro que tiña á súa porta, debe facernos meditar.

A coresma anuncia unha amnistía para o pecador, se se converte realmente. Pero esta amnistía esixe a devolución de todo canto pertence ao próximo, sexa o seu valor económico, sexa en valores morais. Non é unha amnistía da que se fala no eido político.

Acollamos a amnistía do Señor sobre os nosos pecados. Será liberadora total se nos arrepentimos e satisfaremos ao próximo como manda a Lei de Deus.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?