Gracias, Benedicto XVI

por

Gran noticia desta semana. O Papa Benedicto XVI deixará o seu cargo a finais deste mes. Parabéns ao papa Ratzinger por esta suprema lección do seu pontificado.
A autoridade na Igrexa é un servizo que se presta e merece o Pobo de Deus. Cando faltan forzas, físicas ou mentais, é a hora de deixar esa autoridade ou
Servizo.

Os cargos na Igrexa de Deus, non son unha propiedade persoal, vitalicia.

Benedicto XVI, para este xesto, tivo que pensar e orar moito; vencer pasividades, tivo que ser valente para anunciar unha resolución insólita. Por moitos séculos isto non se producía na Igrexa.

A decadencia do Papa era visible. Sentiamos pena ver os seu esforzo por cumplir. Temiamos unha tempada de angustiosa presencia papal.

Pero a forza intelectual de Ratzinger, a súa liberdade, liberanos a todos de velo así. O Papa retírase a unha vida monacal. Poderá seguir facendo ben á Igrexa coa súa dedicación a dar retiros, exercicios espirituais… mesmo a tanxer o piano, exercendo así a súa vocación músical.

Aportará experiencia ao novo Papa. Felicitémonos. Empeza o tempo no que haberá na Igrexa Papas eméritos, como hai xa bispos e sacerdotes. Mil parabéns a este gran Benedicto XVI.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?