Temos que clamar pola xustiza, pregoala, e tamén esixila

por

Ben quixeramos traer a este comentario semanal notas que alegrasen o día ou a semana. Será outra vez. Agora, temos que falar da Campaña contra a Fame no Mundo. Xa sabemos que hai crise entre nós. Coñecemos a reacción de Cáritas, Cruz Roxa, Bancos de alimentos, Cociñas económicas na loita contra a fame acó, entre nós. Todo iso pode servirnos de estímulo e comprensión para o problema da fame. Especialmente en países do chamado terceiro mundo. Cando as pateiras e caiúcos enfrontándose ao mar, arriban ás nosas costas, quedamos sobrecollidos. Hai un interrogante, unha crítica ao noso vivir, unha carga de conciencia….

Temos que clamar pola xustiza, pregoala, e tamén esixila. Colaborando en canto poidamos.

Mans Unidas é unha organización nacida no seo de mulleres católicas, que cada ano, de forma solemne, por estas datas, pide a nosa colaboración xenerosa.
Sen duda, algo poderemos rebaixar ós gastos do entroido e ofrecelo á campaña contra a fame no mundo.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?