Camiño de febreiro: esperando a San Brais

por

Neste cambio de mes, pasando de Xaneiro a febreiro, deixamos atrás a primeira das costas que temos que subir este ano. Dinnos que para o vindeiro xa non haberá crise, irá baixando o paro, comezará a rehabilitación económica. Veremos.

Pero o refraneiro galego anima ao labrego coa idea de que o inverno xa vai sendo vencido:

  • Se a Candelaria chora, o inverno vai fora…
  • Por San Brais, unha hora máis

Toses e catarros criados na humidade bergantiñá terán que ir pasando, por iso hai tantos devotos de San Brais. As imaxes do santo amósano coa man dereita na gorxa, sembrando a unción que el fixera dun neno enfermo a petición da súa nai. Na outra man San Brais leva o báculo, pola súa condición de bispo de Sebaste, no século IV, en Armenia, hoxe estado independente. Tamén adoita levar o santo o palio, insignia litúrgica propia de metropolitanos. Arcebispo e metropolitano son dúas dignidades separables.

En Santiago de Compostela, o Arcebispo tamén e metropolitano de Galicia, porque ten diversas subfráganeas.Por iso, ata hai algúns anos, os arcebispos de Madrid e Barcelona non eran metropolitanos. Agora sí, e tamén son cardeais.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?