Bergantiños, viveiro de vocacións sacerdotais (I)

por

Queremos recoller nomes de familias que deron, polo menos, dous sacerdotes para servir a nosa Igrexa diocesana, no século XX, en Bergantiños, ou tamén vocacións relixiosas destinadas ao servizo da Igrexa universal, pero nacidas en Bergantiños.

Entendemos por Bergantiños o territorio do partido xudicial de Carballo.

Damos a todos os sacerdotes o tratamento de Reverendos. Señores. Don. E poñemos o seu nome tal como figura no D.N.I. Ás relixiosas dámoslle o tratamento de Sor. A meirande parte xa están na Casa do Pai onde recibiron o premio dos seus traballos. Hoxe, son para nós estímulo e exemplo, tanto para sacerdotes como para seglares.

Faremos varias entregas para así dar cabida a tantos ilustres e beneméritos sacerdotes. Recoñecemos que poderemos ter erros. Esperamos que os atentos lectores nos axuden a correxir. Agradecémolo.

Parroquia de San Martiño de Cores:

José Mª Anido Rodríguez, cóengo e profesor do Seminario.

Modesto e Jesús Anido Grela. Aquél, profesor do Seminario, autor dunha fundación favorecendo ao devandito Centro. Jesús, foi párroco de Piñeiro, Ames.

Francisco, Silvestre e Jesús Couto Anido. Que foron párrocos de Vimianzo, Caión e Padrón respectivamente.

Maximino Suárez Anido, párroco de Cordeiro, Valga.

Anotemos a Sor Couto Anido, superiora das Clarisas en Santiago.

Familia López Varela ten tres membros relixiosos:

Eliseo, párroco de    Buño.

Antonio, leigo carmelita en Madrid.

Efigenia, relixiosa mercedaria en Santiago.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?