Bergantiños, viveiro de vocacións sacerdotais (II)

por

Queremos recoller nomes de familias que deron, polo menos, dous sacerdotes para servir a nosa Igrexa diocesana, no século XX, en Bergantiños, ou tamén vocacións relixiosas destinadas ao servizo da Igrexa universal, pero nacidas en Bergantiños. Hoxe facemos memoria da Parroquia do Divino Salvador de Sofán:

Manuel Cabeza Docampo, párroco de Santacomba

José Álvarez Cabeza, Vicario Episcopal Territorial da Coruña.

Guillermo Eirís Cabeza, párroco na cidade da Coruña.

Sor Dorinda Martinez Cabeza, Filla de Mª Inmaculada no Brasil.

Sofán deu moitas vocacións relixiosas para a obra  de San Vicente de Paúl, entre elas, Dolores García Carracedo, co-fundadora do colexio das Fillas  da Caridade en Carballo.

Manuel e José Cambón Varela, párrocos de Montemaior e Larín respectivamente.

José e Isolino Esmorís Cambón, cóengo aquél e párroco de Montemaior éste. Ademais,  Carmen, Filla da Caridade, destinada en Mondoñedo,e Dolores, no Opus Dei en Madrid,( irmáns de José e Isolino).

Manuel Veira Freire, párroco de Pazos.

José Luis Veira Cores, Vicario Territorial Episcopal da Coruña.

Os irmáns Ramón e Francisco Landeira Graña, párrocos de Razo e Oza respectivamente.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?